|
DELGADIÑA
[ Versión en
Castellano ]
DELGADIÑA
O rel de Castela tres filliñas tiña
como carabeles logo de rachar.
Dúas eran loiras e unha moreniña
a quen, por erguelta e garrideliña,
todos Delgadiña vironíle a chamar.
A súa beleza dóu moitos tormentos,
ao rel que por ela morría de amor
e a tiña presente no séu pensamento,
como no tesouro tén o avarento,
de noite e de día, ancorado o cor.
Nunha fonte freda con arrós de frores
das súas paixóes descorréulle os véus.
Dixo Del gadiña: Non ancelo amores
con o reí, meu pal. Daríle os meus favores
non o queira a Virxe, no o premita Deus.
Con rexas cadeas, que os pés líe magoan,
na sombriza torre deitóuna seu pai.
I, anduriñas chían e vincallos voan;
comídiña ponca, auga non líe doan...
E ninguén do mundo a vela ah vai.
Comesta da sede, coa ialma adorida,
chegóuse á fiestra... Puido avixiar
que estaba no pazo súa nal quirida
co-as súas amigas, e multo entretida
un rico paniño, xuntas, en bordar.
Prégolles, por Cristo, pola Virxe santa,
que uns chopiños de auga dédenme a beber
daquelas fontiñas ú reiseñor canta
díxolles chorando miña sede é tanta
que, sen voso acougo, cedo vou morrer.
Cálate rabuda, de cara lavada,
filla a máis cativa que nacéu de nai,
pois fai catro anos que estóu mal casada
berróulle a raiña porque, as agochadas,
andabas aos bicos con o rei, teu pai.
Mesmo como a pedra que vai pra o fondo,
só as ondas do río vése abanear,
tamén Delgadiña, as súas maus pondo,
a esquerda e a dreita, caíu sen estrondo,
e co-isa mintira non puido arquexar.
Dempóis, con máis sede, chegóuse á
xanela
e víu súas irmáns, con algúns
doncéis,
nun xogo de táboas, esquecidos dela.
Pidéulles augúiña pola Virxe bela,
por Xesús Neniño e os tres Santos Reis.
Ladra, repricaron, ti nés cousa boa;
se o rei te encadea, terá por qué ser...
Aleixoadiña case nen razoa,
doente e lontana a súa voz resoa:
¡Pai da miña ialma, déme de beber!
Se é que me prometes o ser miña moza,
deitarte comigo no meu camarín,
teréite máis linda que á máis
linda rosa,
que brila cedíño na mañán fermosa...
Xoia do men peito serías pra mín.
Con pranto nos olios respondéulle Aceito,
que Deus me perdoe o que vou facer;
estóu de amarguezas nun camiño estreito,
sinto o meu esprito que se vai do peito
e non teño forza pra inda máis sofrer...
Reí, mozos e paxes, saíron correndo
cos seus xerros de ouro darlle de beber...
Mais xa Delgadiña estaba morrendo,
súa ialma nas mans da Virxe poñendo,
e os ollos pechados pra amortida ser.
Cando a xente soubo todos istes feitos,
evanxelisteiros víronlle a rezar.
Mulleres deitáronlle enriba dos peitos,
ramiños míudos de amores perfeitos (1)
frores as millores para lle cadrar.
E o rei de xoellos caíu, dando brados,
e nun hermidoiro foise a recoller,
pra facer peedenza de aqueles pecados,
a que foi levado polos maos fados
de pór nunha filla amor de muller.
(1) Amores perfeitos,
frores que tamén se chaman pensamentos. (NOTA DO AUTOR)
|