
Premio
Punto de
Excelencia


|
 |
Nº 3. Agosto 2004/Revista
Electrónica Cuatrimestral.
Xosé María García
Rodríguez
Poemas en edición
bilingüe en gallego y castellano
(selección)

Selección de poemas del libro:
|
|
CATIVO DA
MIÑA TRISTURA, Galaxia (1971):
|
|
XXXIII
|
|
PREGUIZA
|
|
|
Xenitrís, doce preguiza,
acougo e niño.
Soños e somas vexigas cooridas de ilusiós
voan no âr da miña ialma, amodiño,
nus e calados.
No teu colo, as dores máis acedas
estralan e non firen,
e desfanse no chan, requeimadas,
sen nengún malfacer, esmingalladas
nunha dormente serenidá lonxíncua.
Se amañecen as penas voandeiras,
coas tuas mans transparentes e alongadas
as desgraas en brétemas de ensoños
e seu ferruncho temíbel non se crava
nesta paz frutuante e inconsútil.
Envolto nos teus neboeiros azúes,
preguiza xenitrís, gosto do teu amor,
do teu morno repouso,
e da tua mansa quietú, infindamente.
Xa non quero vivir
nen fazer nada,
nen por min, nen por Deus,
nen polos outros,
mentras desfíanse os días vagorosos,
con vexigas cooridas e pantasmas
nista brétema amiga do teu calo.
|
|
Morno, morna no hespañol templado.
Auga morna nin quente nin freda. Tamén merma
(La Guardia) Non é mesmo que choca. Auga
choca a quente ou estancada. desagradabel ao beber.
Galiña choca anceia aniñar e ter pitos.
Ovo choco xa non é bo.
Xenitris, lembremos Santa Dei Genitrix
na ledanía de Nosa Señora. No portugués
genetriz.
Preguiza, no latín piqritia
(m); no hespañol pereza.
Somas, sombras, do latín sub-umbras.
Esmingallar. "Non queremos a Patria
esmingallada", dixeron unhas niulleres de Muros nun
mitin. Frangulla é a mingalla do pan.
Ferruncho é o aguillón das
abellas e outros inseitos. Tamén se chama aguillón
a punta de ferro da aguillada, pau con aguillón.
Latín vulgar, pertica aquileata.
|

 |
|
|
|
 |

Para cualquier comentario, consulta o sugerencia, pueden dirigirse
a la Redacción de la revista enviando un e-mail a nuestra
dirección electrónica:
Revista
literaria Katharsis.com
|
|

 |
Estamos preparando un especial sobre la película de La Duquesa de Malfi y sobre la obra de teatro en España |
 |
 |
4
de marzo de 2004, 7h25. Fallece el lingüista y académico Fernando
Lázaro Carreter. Ver su
biografía. Entrevista del académico en El País,
En portada, Sábado 13 de octubre de 2001. EL ESPAÑOL,
UNA LENGUA DIVERSA |
Nuestros números:
Nº 1, Diciembre
Nº 2, Abril
Nº 3, Agosto
Nº 4, Enero
Nº 5, Mayo
Nº 6, Marzo
Nº 7, Septiembre |
|
|
|
|
|
|
Algunos de nuestros textos están en formato PDF y Microsoft Reader y
necesitaréis estos programas para leerlos. Aquí os doy los enlaces
para que los podáis bajar gratuitamente pinchando en los iconos:



|
 |
|