Poucas verbas. Fai moito tempo que tiña
na ialma o anceio de esquirbir na língua da terra.
Versos, o millor do meu ser. Saídos do fondo dos meus
sentimentos, onte fogo, hoxe cinzas.
Versos galegos dun galego. Non acharedes infruencias da
poesía castelá. Non prescindín delas
deliberadamente. Nin as esquecín. Non me fixeron
falla, inda que me gosta moitísimo, ela.
Tiven, iso sí, que elaborar unha linguaxe poética.
Poidera ser nalgunhas ocasiós herética e até
anti-académica. Mais os meus sentimentos esixiron
as súas propias espresiós e obedecín.
O que ten de millor a poesía galega no mosaico hespañol
é a súa autenticidade e a súa diversidade.
Eu son fillo das Cantigas e non de Frai Luis de León.
Non sei se é millor ou pior. É.
¡Belísima língua a nosa galega! Inda
nise "Miragro de Nosa Señora", feito e
refeito cuáseque como exercicio literario ¡qué
ben soa e resoa! Fungar de brisa nunha canieira, que docemente
ven e se vai con dozura...
Só me pesa no curazón ter de esquirbir UNHA
pra que os nosos irmáns idiomáticos os portugueses
leian "UÑA". Mais, ¿qué lle
podo fazer?
¡Saúdiña!